DATOS DE PROXECTO INNOVADOR

(GALEGO) A finalidade do proxecto pretende desenvolver un dispositivo cun software, para controlar todo o proceso de almacenaxe e conservación do leite en tanques refrixerados das explotacións gandeiras, co fin de garantir a trazabilidade e a calidade do produto antes da recollida. A información rexistrarase na nube e poderá ser tratada en tempo real.

O que tentamos evitar é o deterioro, ou perda da leite, no peor dos casos. Para iso imos crear un prototipo que por un lado vai capturar datos en tempo real tales como temperatura, humidade, estado de funcionamento de motores (se están en marcha ou non), luces e outros, para, ao mesmo tempo, almacenalos nunha base de datos nun servidor na internet e desta forma poder observar e controlar como evoluciona todo o proceso.

Por outra banda engadiremos unha sonda ou lector que permita medir os litros de leite que ten o tanque en cada momento para ter tamén controlado o volume de produción.

O prototipo consiste nun micro controlador que recibirá os datos en orixe a través de distintos sensores, segundo a sinal a capturar. Isto permitirá actual sobre o proceso mesmo antes de que os datos sexan enviados ao servidor, activando por exemplo unha alarma, ou calque outro dispositivo no caso que se dean determinadas circunstancias.

Ao mesmo tempo, como os datos se enviarán a unha base de datos na internet, o produtor poderá observar como vai o proceso en tempo real e consultar tamén o seu histórico para o análise e mellora da produción. Estes datos representaranse en gráficas de tempo para unha mellor compresión.

O valor engadido estará na avaliación máis complexa dos datos que farán os técnicos, tanto os dos servizos veterinarios, como dos servizos de análises no laboratorio, onde poderemos obter datos calculados con arranxo a un algoritmo determinado.

O proxecto por tanto vai orientado o sector gandeiro e mais concretamente o subsector leiteiro.

O resultado esperado en primeiro lugar e obter un produto certificado que garanta a calidade da leite.

En segundo lugar almacenarase un historial das distintas ganderías que permitan facer estudios cos datos obtidos.

Outros datos a obter terán que ver cos volumes de produción, as características da leite, (analizarase se podemos obter datos coma se a leite ten antibióticos ou non, e o punto crioscópico da mesma).

Para Contactar con el GO

Phone

+34 620 98 12 76

Email

info@datalact.com

Laboratorio

 Rúa Montirón, 154, 27002 Lugo www.cetal.es , 982815887, lsa@cetal.es

Noticias

Financiación

Orden del 20 de diciembre de 2017 (DOG nº 11, do 16 de Enero de 2018)
Entidades beneficiarias:
As Vacas da Ulloa SCG, Grupo PS Vet Dairyquality SL e 2XMil SCG,
Procedimiento: MR331B
Los proyectos están financiados por las ayudas para la ejecución de proyectos de los grupos operativos de la Asociación Europea de la Innovación (AEI), cofinanciado por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER), en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Presupuesto total: 100.000 €
Cofinanciación UE: 75% Feader